top of page
Conclusión

 

CHAMAMENTO Á REFLEXIÓN E IMPLICACIÓN DA SOCIEDADE

ACCIÓNS EN CONTRA DESTE FENÓMENO

 

Para rematar, o CDG quere facer dende aquí un chamamento á REFLEXIÓN. Sabemos que hai moita xente que na actualidade está a loitar contra esta nova moda pro-escocesa nas bandas de gaitas, dende colectivos, asociacións ou agrupacións ata as bandas de gaitas que manteñen o verdadeiro estilo tradicional galego. Esto, sen dúbida, danos forzas para informar, concienciar e implicar a moita xente que, por non estar o suficientemente informada, pensa que a imaxe que se está a dar é a de Galicia e a da súa música. Coidamos que todo o relacionado con este asunto está confundindo e enganando á xente, trocando o camiño evolutivo e destruíndo as bases culturais da nosa tradición musical, abrindo unha paréntese e interrumpindo a evolución cultural e musical de Galicia

 

Ti, como visitante desta WEB, tes que saca-las túas propias conclusións. Despois desta análise crítica, cremos que chega o momento de implicarse. A pesares de que existen asociacións e colectivos que loitan pola defensa da música tradicional galega, aínda queda moito por facer. Dende aquí queremos animarte a que fagas algunha destas cousas:

 

- Escribir e mandar cartas de protesta á sección Cartas al Director dos xornais galegos máis importantes.

 

- Escribir e mandar cartas de protesta á Real Banda de gaitas e á Escola Provincial de gaitas da Deputación de Ourense (Apdo. 520 E. 32080 Ourense, rbo@realbanda.com).

 

- Unirte e solidarizarte coas protestas organizadas por asociacións e colectivos galegos con motivo de actuacións dalgunha das bandas de gaitas que incorporan elementos alleos a nosa música.

 

- Comenta-lo tema cos teus familiares, amigos, veciños, etc. para sabe-la súa opinión…

 

- Dar a conocer esta páxina WEB (www.colectivoendefensadagaita.tk), a nosa Edición Especial ou fanzine (PULSA AQUÍ PARA DESCARGALO EN FORMATO PDF) e o noso díptico informativo (PULSA AQUÍ PARA DESCARGALO EN FORMATO PDF)

 

- ...e moitas cousas máis.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Banda "Buxaina" (Taragoña, A Coruña) e Banda "Manxadoira" (Bueu, Pontevedra)

Estos dous exemplos son os que o CDG e moitísima xente defende:

bandas de gaitas con sabor a galego, é dicir, con gaitas tradicionais,

percusión tradicional, traxes tradicionais e estética tradicional.

En definitiva, unha verdadeira mostra representativa da tradición cultural e musical galega

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Banda de gaitas "Airiños de Fene" (Fene, A Coruña)

 

Outro dos exemplos máis claros de compromiso coa nosa música é a Banda de Gaitas "Airiños de Fene" de Fene (A Coruña). Na súa páxina web (http://airinosdefene.es) aparecía un fragmento no que claramente quedan explicados os motivos polos que esta banda emprega un estilo tradicional, afastándose de calquer aproximación ó modelo escocés de banda de gaitas:

 

¿Por que Airiños de Fene é unha banda tradicional?

 

(...) gústanos presumir de ser unha banda tradicional porque coidamos que é o correcto e porque somos sabedores de que temos unha cultura propia que non ten nada que envexar a outras.

 

En “Airiños de Fene” consideramos que unha banda tradicional é aquela que coma nós está formada íntegramente por instrumentos tradicionais galegos (dende as gaitas á percusión). Sen que isto queira dicir que estemos en contra da innovación.

 

Innovación para nós é o uso de novas tonalidades na gaita galega que non sexan as tradicionais redonda en Do, grileira en Re ou (a utilizada pola nosa banda) a tumbal en Si b. Tamén se pode dicir que innovación foi no seu día a incorporación dun segundo e terceiro bordón á gaita galega (a ronquilla e o chillón), dende sempre no lado dereito da gaita. Ou mesmo a incorporación de novos materiais na construcción de gaitas (sempre que o son e o timbre sigan sendo o mesmo de sempre).

 

En cambio, o colocar os xa mencionados chillón e ronquilla ó lado do ronco, a utilización de percusión que cambia totalmente o son ledo da gaita galega, a utilización de bastóns de mando para dirixir e lucirse estilo "Majorette", os malabarismos sobre "timbais de batería" (que soan coma un bombo apagado), o paso e a "estética" militar, o facer rodas dándolle as costas ó público (cousa de mala educación), a vestimenta "unisex" para que sexa máis "estético" (máis guay) e a interpretación de pezas de culturas e países que están a milleiros de Kms. e que pouco poideron influir na historia da nosa gaita e das nosas percusións, para nós non son innovacións son unha pura copia cun fondo complexo de inferioridade. Este mesmo complexo que hai nas bandas de gaitas irlandesas (onde se creou ó igual que aquí unha gaita de marcha), nalgunhas bandas asturianas (onde tamén xa se fan gaitas con tres roncos) ou nas bandas bretonas (que tocan coa Highland Pipe escocesa en substitución da súa propia) fará que algún día (non mentres exista "Airiños de Fene") en tódalas culturas chamadas dun xeito máis ou menos discutible "celtas" sonen as mesmas melodías acompañadas polas mesmas percusións e porque non, as mesmas gaitas.

 

Banda de gaitas "AIRIÑOS DE FENE"

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Banda de gaitas "Airiños de Fene" (Fene, A Coruña)

 

Finalmente, gostaríanos rematar esta WEB informativa cun fragmento dunha "Carta al Director" publicada en Setembro de 1995. O contido desta reflexión tamén é compartido na súa totalidade polo CDG. O seu autor (Xaime Estévez Vila) analiza perfectamente e da a súa opinión sobre o que naqueles anos estaba acontecendo, e que ben pode identificarse coa triste, lamentable e vergonzosa realidade que aínda hoxe estamos a vivir:

 

Perigo de extinción para a gaita galega

 

(...) Pero a cuestion é se debemos respetar, permitir sen máis esta manifestación cultural ou danse circunstancias que obrigan o mundo tradicional galego a unha defensa propia: Por qué están algúns coletivos de Gaiteiros tan preocupados polo tema. Algúns puntos poden ser os seguintes: 

 

1. O desenvolvemento deste fenómeno pon en perigo a corto prazo a propia existencia da cultura tradicional galega: deixanse de construir instrumentos de percusión e gaitas galegas, deixase de tocar repertorio galego coa estilística propia nosa. É dicir, o que se fai non é ademáis de, senon en lugar de (plántanse eucaliptos onde antes había carballos).

 

2. Estáse a perde-la oportunidade histórica de que en Galicia teñamos unhas bandas de gaitas orixinais (explotables e interesantes culturalmente), coa nosa propia idiosincrasia e partindo dos elementos que o rico folclore musical nos aporta.

 

3. Estánse a promover esquemas musicais doutras culturas alleas á nosa: militarización dos gaiteiros, instrumentos de percusión que ahora hai que importar, pérdida da identidade estética e sonora do gaiteiro galego.

 

4. Estánse a suplantar os instrumentos propios por outros importados ou fotocopiados: gaita, percusión...

 

5. Estáse cada vez máis e progresivamente a interpretar repertorio foráneo, pérdese pouco a pouco a identidade cultural (regálaselle á Infanta Elena co nome de Muiñeira unha peza musical que non pode selo polo seu esquema tonal, nin polo seu esquema melódico, nin polo seu esquema armónico).

 

6. Extensión preocupante do fenómeno a outras provincias...

 

Ante esta preocupante situación, algunha proposta:

 

A) Animar a que a Real Banda de Gaitas e agrupacións semellantes a quepoidan seguir a súa libre e lexítima manifestación cultural dentro do contexto democrático no que estamos.

 

B) Animar á Real Banda e agrupacións semellantes a que no futuro soliciten ser subvencionadas polo Goberno do Reino Unido xa que están a promocionar dun xeito notorio a Cultura daquel país en Galicia e levando un traballo de colonización moi evidente en favor dela.

 

C) Animar á Real Banda e agrupacións semellantes a que cedan as axudas que ata agora recibía en Galicia, coa finalidade de fomentar o floclore musical galego dentro e fora do noso país, creando, por exemplo, escolas ou conservatorios de música tradicional galega.

 

Por último quixera apoiar os plantexamentos pacíficos e informativos que os colectivos de gaiteiros están a facer, dende a miña opinión sen intención política algunha, pero co sentimento de persoas que se sinten agredidas e indefensas ante o desenvolvemento deste cancro cultural do que somos víctimas actualmente no floclore musical galego. Quero rematar confiando en que a boa política que se fai no noso país noutros ámbitos chegue tamén a cultura tradicional galega cun plantexamento global no que non teñan cabida iluminados e falsos investigadores, polo de agora esta é unha asignatura pendente. Polo de agora a gaita galega é unha especie en perigo de extinción.

 

Xaime Estévez Vila. Vigo

 

 

MOITÍSIMAS GRAZAS por informarte

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 ¿ORIXINAL ou COPIA?

TI ELIXES

bottom of page