top of page
Análise 2

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

"-Sempre que poño a Galega (TVG) hai unha gaita.

- E as máis das veces,escocesa"

Neste caso,o humor de Xaquín Marin denuncia como dende

os medios de comunicación se promociona todo este gran engano

 

Cando xurde este experimento aparece unha lóxica e comprensible "loita", que afortunadamente aínda non rematou (a chamada "GUERRA DAS GAITAS", ou máis ben "AS GAITAS DA GUERRA") entre un sector que pretende conserva-la tradición e outro sector máis innovador, que defende a incorporación de todos eses elementos copiados da tradición cultural e musical escocesa que xa coñeces. Actualmente se está a producir unha progresiva sustitución do estilo galego en moitas bandas de gaitas polo estilo escocés, máis espectacular e rechamante, conlevando a que pouco a pouco a nosa tradición cultural e musical vaia desaparecendo.

 

Dende o ano 1990 a Federación Galega de Bandas de Gaitas e a Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense organizan a chamada LIGA ¿GALEGA? DE BANDAS DE GAITAS, co obxectivo de dar saída ós millleiros de rapaces que aprenden os segredos das "gaitas marcianas". Estes campionatos (coas cámaras da TVG en directo para que os televidentes poidan disfrutar co espectáculo) son outra copia dos que se fan en Escocia. Un dos propósitos desta competición (as bandas compiten entre sí en catro graos para acadar o mellor posto nas distintas fases) é, segundo o seu regulamento, "a recuperación e afianzamento dos xéneros máis xenuinos da música popular e tradicional de Galicia, traducidos no instrumento Rei de Galicia: A GAITA GALEGA". O CDG considera esta afirmación unha gran falta de respeto ó mundo da gaita. ¿Cómo se pode dicir que neste tipo de encontros o que se pretende é recuperar e afianza-la nosa música? ¿Gaita galega? ¡¡VERGONZOSO!! Se o estilo de moitas destas bandas (non todas) é máis escocés que galego, por lóxica, esto é totalmente contradictorio.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A similitude da Liga ¿Galega? de Bandas de Gaitas cos campionatos escoceses é asombrosa

Por exemplo, o emprego de círculos para desfilar nas áreas de competición

amosa-las semellanzas deste tipo de encontros

 

A continuación, resumimos brevemente o contido dalgún dos artigos dese regulamento, pois considerámolos moi significativos para decatarse do gran engano que dende esta Liga estase a facer á música tradicional galega:

 

CAPÍTULO 4. COMPOSICIÓN E MOVEMENTOS DAS BANDAS

 

ART. 1: "...valoraranse a inclusión de tambores tenores".

ART. 3: "As bandas poderán ir precedidas de estandarte ou bastón de mando, o que pode indicar cambio de movementos ou fin de melodías, cun xesto indicador do mesmo".

ART. 4: "As bandas deberán ir ataviadas con traxes documentados en Galicia en calquera época, remota ou próxima".

ART. 5: "Cada banda deberá iniciar a súa actuación na liña de Stop con marcha acompañada por música formando un círculo segundo está estabrecido, recompoñendo a formación para a súa saída, valorándose a elegancia deste exercicio coreográfico, non permitíndose outro tipo de variantes coreográficas. O exercicio de saída deberá incluir a volta na liña de stop, rematando dentro dos círculos".

 

CAPÍTULO 5. CUALIDADES A TER EN CONTA PARA A VALORACIÓN DAS BANDAS

 

ART. 3: "PERCUSIÓN: Empaste e balance entre os distintos tipos de percusión, afinación entre os instrumentos de percusión entre sí, arreglos, balance entre gaitas e percusións, acentos métricos, control de baquetas, fortes e débiles, control de redobres, pulso, son, xeito de coller as baquetas, fraseos, adornos, asincopados, froreos e baqueteos".

 

ART. 4: "ESTÉTICA: Utilización de vestimenta compaxinada entre sí e coa imaxe xeral da banda, estado de conservación dos traxes e instrumentos, entrada, saída e colocación nos círculos, alineación, andar compaxinado, actitude e expresión dos músicos; presentación xeral da banda, movementos coordinados a hora de iniciar e rematar as actuacións. Deberemos ter en conta que o gaiteiro de banda deberá adoptar unha postura que colabore á uniformidade do conxunto, inspirado na disciplina de imaxe de banda. Durante a actuación manterá os pés en forma de V. A marcha nas bandas esixirá unha técnica especial, inspirándose no andar normal. Os pés deberán pousarse no correcto momento, pisando dúas veces nos compases de 2/4 e 6/8; tres veces no de 3/4 e catro no de 4/4. Os movementos ao marchar deberán ser completamente naturais, sen ter como referencia as marchas militares, senón de forma máis pausada e semellándose ao andar normal. O tempo de marcha deberá estar en torno a 80 ou 90 pisadas por minuto. Non se deberá andar a tiróns ou de xeito ríxido, doblar os xionllos de forma esaxerada (a excepción do último paso no fin da marcha) ou golpear o chan, pretendendo especialmente acadar unha marcha natural e confortable, asegún emana do ritmo dos típicos pasacorredoiras galegos".

 

VIDEOS ILUSTRATIVOS SOBRE A LIGA ¿GALEGA? DE BANDAS DE GAITAS

E A SÚA SIMILITUDE COS CAMPIONATOS ESCOCESES:

 

Bandas galegas MODELO ESCOCÉS:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Bandas ESCOCESAS:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ALBUM DE FOTOS DE BANDAS DE GAITAS MODELO ESCOCÉS:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ALBUM DE FOTOS DE BANDAS DE GAITAS MODELO GALEGO:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ademáis, o CDG ten constancia da existencia de continuas presións ás bandas de estilo tradicional que participan nas distintas categorías ou graos e fases desta liga para que modifiquen principalmente a súa percusión (pasando da tradicional á ecocesa), e a súas gaitas (pasando das gaitas galegas ás marciais). Asi mesmo, as bandas tradicionais sufren unha discriminación constante, reducíndolles puntuación por non adaptarse ó estilo escocés (que domina en máis dun 90% dos participantes), ata descender de categoría, "obrigándolles" a retirarse e abandona-la competición.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Rapaz gaiteiro tocando ó estilo marcial

...ata os xuices da Liga ¿Galega? de Bandas de Gaitas bótanse a chorar ante o que están a ver !!

 

Por outra banda, dicir que este movemento pro-escocés está nunha fase de colonización e expansión por toda Galicia, por algunhas zonas limítrofes (Portugal, Asturias, León, Cantabria, etc.) e polos numerosos Centros Galegos espallados polo mundo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Banda "Amigos do Mosteiro" (Melón, Ourense) e Banda "Cidade de Bos Aires" (Arxentina)

Nas fotografías vemos a suposta evolución destas bandas: da formación tradicional pásase ó estilo marcial.

Esto é só un exemplo da lamentable imaxe da nosa música que se está a dar

 

En Galicia, a provincia de Ourense está xa prácticamente invadida por esta nova moda. En Lugo e Pontevedra existen bandas deste tipo e estanse convertendo en novos obxectivos a colonizar. Por contra, A Coruña é a provincia que parece amosar un rexeitamento máis contundente ó estilo escocés nas súas bandas de gaitas. Con relación ás zonas limítrofes, en zonas de Portugal e nas provincias de Asturias, León, Cantabria, etc. estase a producir un proceso semellante ó galego, aínda que presentando algunhas diferencias.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Bandas marciais asturianas, portuguesas e leonesas

A sustitución de instrumentos propios destas rexións por outros con influencias escocesas

é unha constante neste tipo de bandas de gaitas

Soy un título. Haz doble clic para editarme.

bottom of page