Carta 8
Lois Corral Castro: enxebrismo na percusión
O pasado 29 de marzo deixounos un dos mellores percusionistas da nosa música tradicional contemporánea: Lois Corral Castro. A dimensión musical do seu bo facer como tamborileiro e bombeiro vai da man coa súa dimensión humana como persoa. Formou parte de agrupacións tan coñecidas como “Xacarandaina”, “Rey de Viana” ou “Ancoradoiro” e grupos tan carismáticos como “Os Cinco de Galicia”, “Millo Verde” ou “Lelia Doura”, amosando unhas máis que sobradas cualidades principalmente no dominio do tamboril. Dende sempre será un referente obrigado de moitos percusionistas e gaiteiros actuais, nós incluídos.
Con esta carta, o Colectivo en Defensa da Gaita (CDG) quere agradecerlle o seu incesante interese na loita pola defensa da tradición musical galega, destacando dende que o coñecimos un constante rexeitamento ás bandas de gaitas que incorporan ás súas formacións elementos copiados das bandas escocesas, cuestión constantemente denunciada por este colectivo dende hai anos.
Pérdemos un excepcional tamborileiro e bombeiro, pero tódolos gaiteiros e demáis xente relacionada coa música tradicional galega temos que estar orgullosos, pois na memoria dos seus familiares e amigos pervive eternamente un gran gaiteiro, non de instrumento, pero sí de sentimento. Un gaiteiro deses que amosou a súa enxebreza como poucos poden facelo. Un gaiteiro dos de verdade.
Colectivo en Defensa da Gaita.